Anotación de corpus para o estudo da expresión gramatical de eventos: notas sobre o deseño do proxecto RADIS

Autores

  • Ania Pérez
  • José Mª García-Miguel
  • Carmen Cabeza

DOI:

https://doi.org/10.34630/sensos-e.v6i1.3527

Palavras-chave:

lingua de sinais española (LSE), lingüística de corpus, anotación, estrutura argumental

Resumo

O proxecto RADIS pretende basear a descrición gramatical da lingua de sinais española (LSE) en usos contextualizados. En concreto, o obxectivo fundamental é a compilación e análise da estrutura das predicacións en LSE desde unha perspectiva tipolóxico-comparada.

Brevemente móstrase como se fai a anotación en ELAN, en tres fases ou niveis: anotación primaria, de compoñentes non manuais (CNM) e secundaria ou gramatical. Tal anotación, nomeadamente a gramatical, permite analizar os principais recursos para a expresión de argumentos na LSE, clasificados en externos (pronomes ou frases nominais), internos (construcións descritivas con clasificadores e locus) e outros que non se apoian nunha articulación manual determinada, como é o caso da acción construída, baseada en compoñentes non manuais, e outros exemplos de mantemento do referente no discurso sen mención explícita.

A utilización de métodos cuantitativos permite correlacionar as formas de expresión con diferentes xéneros discursivos.

Artigo Completo

Downloads

Publicado

2019-09-29

Como Citar

Pérez, A., García-Miguel, J. M., & Cabeza, C. (2019). Anotación de corpus para o estudo da expresión gramatical de eventos: notas sobre o deseño do proxecto RADIS. Sensos-e, 6(1), 40–61. https://doi.org/10.34630/sensos-e.v6i1.3527