Panorama da Lexislación Cooperativa en España
DOI:
https://doi.org/10.26537/rebules.v0i7.827Abstract
Spain is different, tamén en materia de cooperativas. Con este coñecido tópico queremos subliñar que en España, ao día de hoxe, ademais da Lei do Estado 27/1999, do 16 de xullo, de Cooperativas, existen nada menos que trece Leis autonómicas de cooperativas: Lei 4/1993, do 24 de xuño, de Cooperativas de Euskadi; Lei 2/1998, do 26 de marzo, de Sociedades Cooperativas de Estremadura; Lei 5/1998, do 18 de decembro, de Cooperativas de Galicia; Lei 9/1998, do 22 de decembro, de Cooperativas de Aragón; Lei 4/1999, do 30 de marzo, de Cooperativas da Comunidade de Madrid; Lei 2/1999, do 31 de marzo, de Sociedades Cooperativas Andaluzas; Lei 4/2001, do 11 de abril, de Cooperativas da Comunidade de Castela e León; Lei 4/2001, do 2 de xullo, de Sociedades Cooperativas de A Rioxa; Lei 18/2002, do 5 de xullo, de Cooperativas de Cataluña; Lei Foral 12/2002, do 2 de xullo, de Cooperativas de Navarra; Lei 20/2002, do 14 de novembro, de Cooperativas de Castela A Mancha; Lei 1/2003, do 20 de marzo, de Cooperativas das Illas Baleares; Lei 8/2003, do 24 de marzo, de cooperativas da Comunidade Valenciana. Trece Leis autonómicas que serán dezasete cando as Comunidades Autónomas de Asturias, Cantabria, Murcia e as Illas Canarias aproben a súa propia Lei de cooperativas. A estas disposicións legais, ademais, hai que engadir a abundante normativa regulamentaria de desenvolvemento das Leis (Regulamentos dos Rexistros de Cooperativas; Regulamentos de arbitraxe; etc.), e a normativa fiscal e laboral específica para as cooperativas.